Saltar ao contido

Parque zoolóxico de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque zoolóxico de Madrid
Imaxe
Tipoparque zoolóxico
acuario público Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMadrid, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°24′31″N 3°45′45″O / 40.40861, -3.7625
Historia
Data de creación ou fundación1972 Editar o valor en Wikidata

Páxina webzoomadrid.com Editar o valor en Wikidata
Voitre leonado no zoo de Madrid

O Parque zoolóxico de Madrid (Zoo Aquarium de Madrid), é un zoo que se acha en Madrid (España), exactamente no gran parque forestal urbano da Casa de Campo. O parque pertence a Parques Reunidos S.A..

Foi inaugurado en 1972; ocupa unha área de 20 ha e conta con 500 especies cun total de 6000 individuos[1]. Ademais das instalacións dos animais dos cinco continentas, salientan as instalacións dos golfiños, dos leóns mariños, das rapinas, e das aves exóticas.

Golfiños

O primeiro zoolóxico de Madrid data do ano 1770, a Casa de Fieras del Retiro, fundado por Carlos III.

O promotor do actual Zoo de Madrid foi Antonio Lleó de la Viña, que construíu as instalacións na Casa de Campo. O proxecto inicial do Zoo de Madrid estivo a cargo do arquitecto catalán Jordi Mir Valls, gañador do concurso convocado para tal efecto. O parque inagurouse en 1972.

Quince anos despois, en 1987, contruíuse o delfinario. Inaugurouse con sete exemplares de arroaz común ou boto (Tursiops truncatus). Construíuse tamén o pavillón Naturaleza Misteriosa onde se exhibe unha escolma de réptiles, anfibios e invertebrados.

En 1995 construíuse na parte suroeste do recinto o Aquarium, con forma de pirámide de cristal, mide 3.000 .

En 1997, comezaron as exhibicións de voos de aves de rapina e exóticas nunha zona achegada ao delfinario.

En 2002, a raíña Sofía inaugura as aulas de educación ambiental do Zoo Aquarium.

En 2003, construíuse a instalación para leóns mariños (Zalophus californianus) e pingüíns (Spheniscus demersus).

En 2006 construíuse o complexo de primates do sueste asiático (orangutáns e xibóns de mans brancas (Hylobates lar).

Dende setembro de 2007 o zoolóxico ten un novo complexo con pandas xigantes (Ailuropoda melanoleuca). Os dous primeiros exemplares foron doados polo goberno chinés.[2]

Crianza de animais

[editar | editar a fonte]

No zoo de Madrid críanse un importante número de especies como o panda xigante, a foca grisalla, a cobra de monóculo (Naja kaouthia) e o orangután de Borneo.

En 2007/2008 participou en 30 programas EEP e 21 programas ESB coordinados pola EAZA.[3]

Instalacións e especies

[editar | editar a fonte]

O parque zoolóxico de Madrid exhibe unha colección de máis de 6000 animais de máis de 500 especies diferentes dos 5 continentes.[1]

En 1987 construíuse o delfinario. Inaugurouse en agosto do mesmo ano, importando os animais dende Marineland Cataluña.

En 1995 consrtruíuse o acuario. Ten 35 acuarios de exposición. Hai máis de 200 especies, principalmente peixes e invertebrados mariños.

O parque conta con varios restaurantes, quioscos de comida e tendas de recordos.

  1. 1,0 1,1 Zoo de Madrid. "Instalaciones". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 12 de xaneiro de 2015. 
  2. "China ofrece a España una pareja de pandas". El Mundo. 28 de xuño de 2007. 
  3. EAZA Executive Office. D. de Man, W. van Lint, A. Garn and C. Henke, ed. "EAZA Yearbook 2007‐2008" (pdf). Amsterdam: EAZA. Consultado o 24 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]